Sunday 05 de May de 2024

A obra de Xenaro Martínez Castro xa se pode contemplar no Museo do Traxe


O Museo do Traxe Juanjo Liñares inaugurou esta fin de semana a mostra fotográfica de Xenaro Martínez Castro, onde se contou co concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Mira. Un acto que encheu de público as instalacións e o auditorio do museo. Ata o 3 de xullo poderá visitarse sen custo ningún esta mostra que é definida como “unha crónica do país dos últimos trinta anos”. A dita mostra conta coa produción do Museo do Pobo Galego e coa colaboración do Concello de Ordes.